Durante a infancia e a adolescencia, os menús deberan incluír alimentos de todos os grupos e nas proporcións adecuadas, coa fin de conseguir un aporte de nutrientes satisfactorio.
A Comunidade educativa (profesores, escolares, pais e nais), serven de excelente plataforma para acadar hábitos saudables dende etapas precoces da vida.

Sabemos que unha alimentación sa e equilibrada, repercute no rendemento escolar. E sabemos que é imprescindible que os nenos aprendan a “comer ben” porque “comer ben” significará para eles,  no futuro,  Calidade de Vida.  Para iso:

  • O noso Programa Educativo“Comer ben, crecer mellor”,inclúe: explicar aos nenos as propiedades nutritivas dos distintos alimentos, a educación na mesa e a hixiene persoal.
  • Dispoñemos de cociña propia e dun equipo con ampla experiencia elaborando menús equilibrados e saudables cociñados con produtos de primeira calidade e seguindo receitas tradicionais.
  • Control de Calidade  Externo que garante a fiabilidade dun bo Servizo.
  • Informamos trimestralmente aos pais,coa descrición detallada dos menús.
  • Atendemos menús especiaisede dieta.
  • Facemos menús de calidade, sans e nutricionais, seguindo a guía de axuda da Xunta de Galicia e  da OMS. Unha boa alimentación é a mellor menciña preventiva.
  • Comedor en días soltos: Comunicarase na secretaría do centro ou por teléfono e poderá ser notificado no mesmo día.

Os alumnos/as que fagan uso deste servizo deben ter en conta o seguinte:

  • O servizo de comedor funciona de setembro a xuño.
  • Inclúese a comida e a vixilancia dos alumn@s.
  • Para os alumn@s de Educación Infantil, inclúe a merenda de media mañá.
  • Os alumn@s de comedor, nos días de excursión, levaran pic-nic.