coloniass.jpg
CARREIRA ESCOLAR

debuxo_carreira_17_18web.jpg
RADIO ABRENTE

 
radioabrentelogo.jpg

instalacioness.jpg
CENTROS SOLIDARIOS

redecentrosolidariospequeno.jpg
Dinamización Lingüística

cartel_trompos2016.jpg

Cartel-Axuda-Programa-I-peq.jpg
Buscar WEB
e107_icon_16.png Últimas Noticias

PREMIOS CONSUMÓPOLIS


O equipo de 6º de Educación Primaria formado por Pablo Soutullo, Anna Guisasola, Manuel Hay, Lucas Míguez e Iván Piñeiro foron premiados cun 2º premio no concurso Consumópolis organizado pola Escola Galega de Consumo. Este concurso ten como temática o Consumo Responsable e tiveron que realizar un traballo online e diseñar un cartel. Noraboa ós premiados! FOTOS
Publicado por Andrés o 09/07/2018  

EDUCACIÓN ESPECIAL: ACTIVIDADES DO 3º TRIMESTRE


Xa rematamos o curso , pero non podemos marchar sen ensinarvos algunhas das cousas que fixemos neste último trimestre: organizamos e participamos no Día Mundial do Autismo, fixemos uns regalos moi chulos para as nosas nais; comezamos un proxecto novo creando unha horta na que plantamos un pouco de todo: fabas, millo, cabazas, xirasoles, nísperos... e que fumos coidando ó longo do trimestre; realizamos unha saída ó mercadillo, participamos en varios obradoiros de cociña e decoramos a nosa bolsa de tela para levar os libros. Coma sempre, pasámolo bomba!!!! Fotos
Publicado por Roberto o 27/06/2018  

Festival de Fin de Curso de Educación Infantil


Un ano máis o Equipo de Educación Infantil organizamos un Festival de Fin de Curso, onde os nosos alumn@s  puideron  amosarnos as súas dotes interpretativas,  fixéronnos pasar uns intres moi divertidos e emotivos. DESEXÁMOSVOS FELIZ VERÁN. Fotos
Publicado por Roberto o 27/06/2018  

RADIO ABRENTE 3º TRIMESTRE


Nesta ocasión falamos de feminismo, falamos de igualdade! Presentamos neste novo programa:
-Unha entrevista a nosa exmestra Lorena Meis, como mebro de AS+PLUS.
-Un novo espazo do equipo de investigación.
-Unha entrevista a Paula Suárez, representando as empresarias de Galicia.
-Unha bibliografía de mulleres salientables de Galicia. 
 Damos as grazas infinitas as nosas alumnas que este ano rematan a súa etapa no colexio e que participaron activamente en Radio Abrente desde os seus inicios. Grazas Nuria e Uxía. Fotos

 

Publicado por Roberto o 26/06/2018  

INFANTIL DE 0-3 ANOS E XIMNASIA RÍTMICA: FESTIVAL DE FIN DE CURSO


O pasado xoves de 14 de xuño tivo lugar no pavillón do colexio o festival de fin de curso da etapa de infantil de 0-3 anos. Tamén tivo lugar unha exhibición d@s nen@s que participan nos distintos equipos que participan na actividade de ximnasia rítmica. FOTOS: 1-2 ANOS   2-3 ANOS   RITMICA1   RITMICA2   RITMICA3   RITMICA4
Publicado por Andrés o 21/06/2018  

Graduación 2018


O pasado venres 25 de Maio tivo lugar no Pavillón do Colexio Abrente o acto de graduación dos alumnos de Primaria e Secundaria. Tamén aproveitamos para entregar diversos premios a alumnos e alumnas do Colexio en distintas modalidades. Noraboa a todos! Moitas grazas a todos os asistentes. Fotos
Publicado por Roberto o 13/06/2018  

DINAMIZACIÓN DE PATIOS


O proxecto “Dinamización de patios” créase desde o Departamento de Orientación ante a necesidade de mellorar as relacións entre o alumnado do centro, nun espazo onde se produce, nalgunhas ocasión, situacións de conflito: o recreo. O alumnado é o principal protagonista; por unha parte o alumnado de Educación Primaria ao que vai dirixida a actividade, e por outra o alumnado da ESO que actúa como mediadores e coordinadores da actividade, sendo voluntarios da mesma.

Estamos moi contentos de poder compartir os avances na mellora da convivencia, da xestión pacífica dos conflitos e da integración no patio de todo o alumnado. Así como de mellorar a responsabilidade e compromiso do alumando voluntario.  Fotos
Publicado por Roberto o 11/06/2018  

INFANTIL DE 1-2 ANOS: ESTIMULACIÓN TEMPERÁ


ESTIMULACIÓN TEMPERÁ (SESIÓNS 5, 6 Y 7) Rematamos o obradoiro de estimulación temperá e pasámolo moi ben coas nosas familias. Reforzamos conceptos coma grande-pequeno, moitos- poucos, dentro –fóra, as cores, as formas… Practicamos  volteretas, saltos, arrastre… Experimentamos cos pés: tocamos diferentes texturas, pintamos.  Grazas a tódalas familias pola súa colaboración. FOTOS: SESIÓN5   SESIÓN6   SESIÓN7
Publicado por Andrés o 09/06/2018  

INFANTIL DE 1-3 ANOS: EXPERIMENTACIÓN CON LUCES E CORES


Por fin chegou o día para estrear a nosa mesa de luz. Preparamos unha sala chea de obxetos diferentes, bolas de discoteca que se movían o son da música, lanternas, tubos con luces intermitentes, lámpadas de fibra óptica, botes con sorpresas lumínicas dentro e moitas cousas máis. O nenos e nenas foron entrando en pequenos grupos para descubrir por sí sos, acendían e apagaban ao seu antollo, exploraban na mesa como cambiaban os obxectos de cores, investigaron , xogaron  e aprenderon. Non lle teñen medo a nada! Só a que se lles acabe o tempo de pásalo ben. FOTOS: 1-2 ANOS   2-3 ANOS
Publicado por Andrés o 09/06/2018  

INFANTIL DE 2-3 ANOS: LUZ NEGRA


Fixemos maxia! Cunha lámpada especial de luz negra observamos como resaltaban alguhas cores mais que outras, a cor branca era a que mais destacaba. Despois, fixemos un debuxo con pinturas fluorescentes que so podíamos ver o seu brillo se encendíamos a lámpada ultravioleta. E para rematar pintamos as caras e mirámonos no espello! FOTOS: ALMU   DORI   PATRI
Publicado por Andrés o 09/06/2018  

MINICARREIRA ESCOLAR DO SALNÉS


Un ano máis celebramos no colexio a Minicarreira Escolar do Salnés cos nosos alumnos e alumnas de 3, 4 e 5 anos. Foi unha xornada festiva onde os máis pequenos amosaron as súas dotes de atletas. FOTOS
Publicado por Andrés o 01/06/2018  

XXV Carreira Escolar do Salnés


Hoxe, Venres 1 de Xuño celebramos unha nova edición da Carreira Escolar do Salnés, celebrando o 25 aniversario da mesma.
Nesta edición participaron mais de 600 corredores dos colexios , CEIP Viñagrande-Deiro, Valle Inclán do Grove, Santiago Apostol, CEIP San Bartolomé, CEIP A Escardia de Vilagarcía, Clube Corbelo, Agrupación Atlética Mazí e Colexio Abrente.
Sen dúbida foi unha gran festa deportiva. Queremos agradecer ó Concello de Sanxenxo, Policia Local de Sanxenxo, Consellería de Deporte e todas as casas comerciais o seu apoio para que un ano máis se celebre esta proba que  cumple 25 anos de existencia.
Publicado por Roberto o 01/06/2018  

EDUCACIÓN ESPECIAL: ACTIVIDADES


Ó longo do 2º trimestre fixemos varios obradiros de cociña, onde descubrimos novas receitas nas que apenas precisamos axuda e que nos van servir no día a día (cortar, untar, pelar...). Tamén participamos na semana loca do entroido, fixémoslle un regalo para os nosos papás e decoramos a nosa aula coa chegada da primavera; coma sempre, pasámolo en grande!! Fotos
Publicado por Roberto o 29/05/2018  

II CONCURSO DE YOUTUBEIR@S


O Equipo de Dinamización Lingüística do Centro ven de orgnaizar o II CONCURSO DE YOUTUBEIR@S EN LINGUA GALEGA, resultando gañador o traballo MASTERCHEF, presentado por: Amina, Helena,Bianca, Jorge e Alba de 1º de ESO. Parabéns a todos os que participaron neste certamen, xa que amosaron unha gran imaxinación,  dominio das novas tecnoloxías e fixéronnos desfrutar coas súas obras.



Publicado por Roberto o 24/05/2018  

INFANTIL DE 2 ANOS: DÍA DA NAI


Para obsequiar as nosas mamás os nen@s de 2 anos, elaboramos unhas riquísimas galletas que fixemos nós coa axuda das mestras, preparamos as masas e decoramos. Despois metémolas nunhas bolsiñas coas nosas fotos e unha mensaxe para decirlle as nosas nais o moito que as queremos. FOTOS
Publicado por Andrés o 21/05/2018  

INFANTIL DE 2 ANOS: PAPÁ, MAMÁ, VINDE XOGAR


Outro ano mais, a Escola Infantil Abrente organizou unhas xornadas de convivencia cos pais e nais para que xogasen cos fillos e pasasen un bo rato. Comezaron quentando os corpos cun baile e despois  fixemos os grupos, cada un dunha cor diferente e así poder comezar a competición amistosa. Primeiro carreiras de relevos de  caixas,  despois fixemos trasvase de auga de cores e  rematamos bailando por equipos o “chu-chua”. O broche final da competición foi a posta de medallas de chocolate a todos os rapaces que participaron, incluídos os irmáns maiores que axudaron moito. Unha vez premiados merendamos todos xuntos para repoñer folgos, froita fresca, roscas e empanadas.  Para rematar a tarde, vimos unha adaptación do conto “a vaca que puxo un ovo” feita con moito cariño polas mestras. FOTOS
Publicado por Andrés o 21/05/2018  

INFANTIL DE 1 ANO: SAÍDA Ó MERCADO E DÍA DA NAI


Os nenos/as da Escola Infantil Abrente dun ano fixemos unha saída a Praza de Abastos de Portonovo, onde poidemos ver de cerca os peixes, carnes, froitas e pan. Para rematar fomos o mercadillo a mercar o agasallo das nosas nais unha fermosa planta para decorar e agasallar ás nosas mamás, e por suposto tamén mercamos os churros e pan para merendola. Queremos  agradecer  a todo persoal da praza a amabilidade que tiveron cos nosos nenos. FOTOS
Publicado por Andrés o 16/05/2018  

Día de la Madre


Es tu día mama!, y por eso todos hemos trabajado duro para conseguir hacer los mejores regalos!, aquí os dejamos algunas fotos del proceso y de lo bien que nos lo pasamos. Esperamos que os gusten y que disfrutaseis de vuestro día!. Fotos
Publicado por Roberto o 14/05/2018  

Saída cultural 1º e 2º EP


O xoves día 10-05-2018 os nenos e nenas de 1º e 2º de EP fixeron unha saida cultural para ver:
-Un medio de comunicación colectivo (Diario de Pontevedra)
-Pegadas dos nosos ancestros (Petroglifos de Mogor "visita guiada")
-Parque dos sentidos de Marín. Fotos 1    Fotos 2
Publicado por Roberto o 11/05/2018  

Torta de queixo do Día da Nai 2018


Para celebrar o día das mamás, o grupo de E. Infantil de 5 anos quixemos preparar algo moi doce, así que puxémonos mans a masa e preparamos unha riquísima torta de queixo que estaba de rechupete. PARABÉNS A TODAS AS MAMÁS. Fotos
Publicado por Roberto o 09/05/2018  

Programa "De Viva Voz" en Single Radio


 O venres 4 de maio tivemos unha cita moi importante coa pedagoga Paula Suárez no seu programa "De Viva Voz" en Single Radio. 
 Na nosa intervención no programa falamos do Plan Proxecta (Rede de Centros Escolares Solidarios) que estamos levando a cabo no colexio, a través de proxectos como:
-Observadores da convivencia. 
-Dinamización de patios.
-Radio Abrente. 
-Rede de escolas polos Dereitos Humanos (Amnistía Internacional). 

Queremos dar as grazas as alumnas que fixeron o programa: Laura, Uxía e Nuria e tamén a Paula Suárez pola súa invitación e un trato inmellorable. Fotos

Publicado por Roberto o 07/05/2018  

INFANTIL 2 ANOS: SAÍDA GRANXA SERANTELLOS


Os nenos e nenas das unidades de 2 anos fixeron unha saída a granxa para poder ver e tocar aos animáis que están a estudar neste trimestre.  Comezaron a saída coa viaxe en autobús, todos ben sentados e con candaseu cinto de seguridade posto. Cantamos, vimos a paisaxe, portámonos moi ben. Cando chegamos fixemos tres grupos, cada grupo ía cunha mestra e así tivemos o grupo dos porquiños coa profe Dori, o grupo dos gatiños coa profe  Alba e o grupo das vacas coa profe Almu. Visitamos os galos e galiñas e démoslle trigo, vimos aos porquiños, a vaca Lola deulle un lametazo a un de nós, alimentamos as ouvellas con pan, agarimamos a potra Bonita e a burra Mariola, escoitamos a Jose  falar cos paxaros… e para rematar fixemos coas nosas mans un bolliño de pan. Despois de todo este tute  marchamos de volta ao cole no autobús  pero esta vez ben cansadiños e case sen folgos. FOTOS: GATOS   PORQUIÑOS   VACAS
Publicado por Andrés o 03/05/2018  

INFANTIL 0-3 ANOS: DÍA DO LIBRO


Nesta data tan sinalada quixemos facer fincapé na importancia da lectura e para isto organizamos un día de contacontos. As aulas de 0 a 3 subimos ao ximnasio para desfrutar cuns contos moi especiáis que nos leron e interpretaron as mestras do ciclo. Comezamos cun conto que inventaron na aula de 1 ano “O gato e a pata”, depois foi o de “cucú-tras” que lles encanta, para continuar con un dos favoritos “el pollo Pepe” e rematamos co conto das caixas que adaptamos coa Fada Colorín. Neste último apareceu Colorín para interpretar as esceas e todos quedamos abraiados. Foi o mellor momento sen dúbida. Co pequenos e pequenas que somos desfrutamos moito cando nos leen algo que nos gusta, é un momento moi relaxante no que conseguimos que todos os rapaces estén atentos e expectantes, a nosa imaxinación boa e sentimos a maxia que desprenden os libros. Finalmente, levamos a casa uns traballiños que fixemos para recordar esta data, uns marcapáxinas e uns contos. FOTOS
Publicado por Andrés o 03/05/2018  

Visita Poli Paco


Estes días visitounos a familia de policías máis divertida e coñecida do Concello de Sanxenxo: o Poli Paco, Paquiño e o avó. Con eles cantamos, xogamos e sobre todo aprendemos un montón de cousas sobre a educación vial que non se nos esquecerán nunca. Moitas grazas a Manuel e a Abelardo polo seu bo facer. Fotos
Publicado por Roberto o 02/05/2018  

EI: Saída ao Parque Natural do río Barosa


Os alumn@s de E. Infantil fixemos unha saída lúdico-didáctica ao Parque Natural do río  Barosa, situado nunha contorna fermosísima. Puidemos coñecer e desfrutar da elaboración do pan dun xeito tradicional: moído do cereal nun muíño de pedra, traballar a masa,  darlle forma e ver en directo o funcionamento dun forno de pedra. Foi unha xornada divertidísima. Fotos
Publicado por Roberto o 02/05/2018  
Pág./s  [1] 2 3 ... 28 29 30